O sabado día 19 disputouse a terceira xornada de liga provincial feminina, no noso campo enfrentandonos contra o Nogueira de Ramuín.
Sairon o campo como equipo inicial Laura, Flavia, Rut, Rocio na porta e Ana como a nosa capitana. Foi un partido duro, xa que as nosas rivais eran fortes nas entradas. Na primeira parte demostrouse a superioridade táctica do Castrelo FSF, marcando o primeiro tanto.
No segundo tempo sairon con ganas as nosas rivais, empatando o encontro. A uns minutos do final adiantamonos no marcador, pero ante unha arbitraxe un tanto dubidosa o gol foi anulado, asi que o partido rematou con empate a un tanto.
Os tortoliños entre o publico |
Alba |
Momentos do xogo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario